http://blog.unijimpe.net/rss Guillelme Brown http://www.guillelmebrown.es/castellano/inicio/null/null RSS de Guillelme Brown es info@pedagogiainteractiva.com - 228 - Guillelme Brownhttp://www.guillelmebrown.es/castellano/guillelme_brown

No COLEXIO GUILLELME BROWN fundíronse durante anos os esforzos e ilusións de nenos e nenas, profesores, pais,antigos alumnos, colaboradores e amigos, cunha mesma finalidade:


A procura da Calidade Educativa


Arredor desta idea nace o COLEXIO GUILLELME BROWN no ano 1987, un centro privado, mixto, non confesional, independente, non vencellado a ningunha ideoloxía política ou relixiosa pero si aberto a todas as liñas de pensamento baseadas na ética democrática e nos principios da Declaración dos Dereitos do Home.


O noso proxecto educativo parte dos
presupostos metodolóxicos e pedagóxicos que puxo en movemento a I"NSTITUCIÓN LIBRE DE ENSEÑANZA" e que se foron enriquecendo ao longo do século XX coas achegas de ilustres pedagogos que comezaron a distinguir entre a simple instrución e a formación integral do individuo.


O
COLEXIO GUILLELME BROWN está situado nun entorno natural, a tres quilómetros de Ourense. Ocupa unha finca de 21.000 metros cadrados con zonas de bosque autóctono, espazos axardinados, charcas, horto, parque infantil, piscinas, pavillón polideportivo cuberto, pista polideportiva exterior e unha ampla gama de instalacións que inclúen comedor, biblioteca, laboratorio de ciencias, taller de tecnoloxía, aulas específicas de idiomas, ciencias sociais, ballet, psicomotricidade, informática,música, plástica...

 

EDUCACIÓN INTEGRAL


Entendemos o colexio como unha comunidade viva de educadores e educandos, na que predomina o aspecto FORMATI

VO fronte ao instrutivo; o DIÁLOGO fronte á imposición; a CONVIVENCIA harmoniosa fronte ao individualismo egoísta. Son valores incuestionables: a tolerancia, a solidariedade, a democracia, a igualdade, a liberdade de conciencia, a libre discusión sen dogmatismos, en definitiva, a educación para a liberdade.



O/A ALUMNO/A


É persoa, e como tal, un ser singular, racional, libre, na procura da súa identidade que a comunidade educativa potenciará:


   - Fomentando a súa iniciativa.

   - Estimulando a súa creatividade.

   - Ensinando a optar en liberdade, facéndoo responsable dos seus propios actos.

   - Propiciando unha actitude de aprendizaxe constante na súa vida.


ENSINANZA ACTIVA


O alumno/a é un suxeito activo, que participa na construción das súas aprendizaxes. Por elo, a nosa metodoloxía:


   - Ten presente a individualidade do alumno/a: fuxindo do uniformismo, potenciando a súa personalidade orixinal.

   - Parte de aprendizaxes significativas guiadas polo profesor a través da manipulación de obxectos, da vivenciación, da investigación, da consulta.

   - Fronte ás aprendizaxes puramente memorísticas, valora a importancia de aprender a pensar.

   -  Propicia un estado de insurrección intelectual permanente: buscar, consultar, ser curiosos, ser críticos.

 

O/A PROFESOR/A


É o intermediario entre os contidos da aprendizaxe e a actividade construtiva do alumno/a. Entende o ensino como un proceso, non como unha rutina. Parte de modelos teóricos que lle proporcionan instrumentos de análise e reflexión sobre “como se aprende” e “como se ensina”. Vive inmerso nun proceso de formación continua.


A CONVIVENCIA


Toda sociedade necesita para desenvolverse unha orde derivada da xustiza. Resulta transcendente:


   - Educar na xustiza, para que respecten os dereitos de cada un e fundamenten as relacións humanas na equidade e o ben común.

   - Fomentar a toma de conciencia sobre os problemas da violencia, agresión e inxustiza aos que se ten que enfrontar a persoa.

   - Ensinar a recoñecer o valor da intimidade, baseada no respecto a un mesmo e aos demais.

   - Ensinar a actuar de acordo coas normas de convivencia.

   - Dirimir na nosa asemblea semanal dun xeito dialogado os problemas derivados da convivencia.

 

O EQUIPO DIRECTIVO

O equipo directivo do centro atópase formado polas seguintes persoas:


   - Director: José Ramón Díaz González.

   - Xefa de Estudos: Mª Montserrat Couñago Amoedo.

   - Secretario: Alberto Salgado Caramés. 

   - Administradora Xeral: Ana Mª Otero Fernández. 

 


]]>
Infantilhttp://www.guillelmebrown.es/castellano/infantil
INFANTIL

A Educación Infantil constitúe unha etapa de extraordinaria importancia, dado que os coñecementos que se adquiren neste período son os cimentos que sustentan o éxito académico posterior.

Debemos aproveitar as capacidades potenciais dos nenos a través dunha metodoloxía:

  1. Activa, baseada fundamentalmente no xogo.
  2. Flexible, sempre seguindo o curso evolutivo individual de cada neno.
  3. Sensorial, desenvolvendo os sentidos, a observación, a exploración,            a comparación e a experimentación.
  4. Afectiva, proporcionando seguridade e autonomía aos alumnos.

Con todo elo, créase un ambiente de aula rico en estímulos que potencia a creatividade dos nenos e fai que se sintan máis cómodos e felices.



Formación complementaria

A programación de Educación Infantil inclúe actividades de enriquecemento, social, pedagóxico e cultural.

 

Inglés

Levamos a cabo un programa de inmersión en inglés coordenado e executado por profesorado nativo dende os tres anos. Os obxectivos son espertar nos nenos a simpatía e o gusto pola lingua inglesa, facilitarlles a comprensión e a expresión do idioma e dotalos do vocabulario suficiente para que poidan expresarse en inglés dun xeito natural, familiar e próximo.

 

Menú Cultural

Programa mensual onde se introduce ao neno no mundo das artes. Cada mes coñecemos un cadro, unha escultura, un monumento, unha obra literaria e unha composición musical clásica, así como aos seus autores.

Con elo pretendemos estimular a súa curiosidade e a súa memoria,  así como aumentar o seu vocabulario, mellorar a capacidade de atención, o gusto polo estético e como non,  todas as capacidades de autoaprendizaxe respondendo a estratexias conitivas, afectivas e motivacionais.

 

BITS

Os obxectivos do máxico xogo dos bits de intelixencia son desenvolver a memoria visual e auditiva mediante datos de gran calidade e interese, crear redes neuronais de información, potenciar a intelixencia aprendendo a relacionar unhas informacións con outras e, sobretodo, aficionar aos nenos á música, á pintura, á botánica, á xeografía ou á bioloxía.

   

       
APDI (aprendo a pensar desenvolvendo a intelixencia)

O A.P.D.I. é un proxecto de activación da intelixencia que trata de espertar unha forma de razoar nos alumnos dende as primeiras idades. Traballa as aptitudes e as habilidades que están na base de calquera aprendizaxe. A súa finalidade é que aprenda a resolver problemas e a relacionar o que van aprendendo co que xa coñecen. O obxectivo fundamental do A.P.D.I. é que cada alumno/a “APRENDA A APRENDER” potenciando a súa autoaprendizaxe.

 

Animación á lectura

Consta dun conxunto de accións planificadas dende a biblioteca escolar e polos equipos docentes ao longo de todo o curso, dirixidas a coñecer e ler todo tipo de textos.

Estamos convencidos de que a "animación" é só un medio, un procedemento; a chispa que ilumina un camiño que debe ser agradable e pracenteiro.


Don Braulio e os animais

Don Braulio é un personaxe creado coa idea de presentarlle aos alumn@s a fauna de todo o planeta. Este personaxe viaxa por todo o mundo en globo buscando información de todo tipo de animais e cada mes nos regala un documental, achegando ao neno ao medio natural, para coñecelo e respectalo.


Conto Viaxeiro

É unha actividade que ten o obxectivo de achegar o colexio á a casa e viceversa. Cada clase da comezo a unha obra literaria propia e cada familia vaille dando continuidade, tanto a nivel narrativo como á ilustración correspondente.


Obradoiros

Os obradoiros que se programan diariamente forman parte da comunicación da aula e complementan ás diferentes áreas curriculares a través de actividades, de tempos de lecer e de xogo.

- Obradoiro Wall-e (informática)

- Rincón TIC
 


- Little Cooks (cociña)



- Sportacus (psicomotricidade)



Jimmy Neutrón (experimentos)

Obradoiro de Leo (arte)




Días especiais

Establecemos dentro do calendario escolar un programa de festas e actos conmemorativos de diferentes datas sinaladas.

As festas do Halloween, o Nadal, a visita dos Reis Magos, o Magosto, o Entroido, o Día da Paz, o Día do Libro, a Semana das Letras Galegas e o Festival Cultural de Fin de Curso teñen gran arraigo e trascendencia no noso centro, polo que se preparan a conciencia e se converten en xornadas de portas abertas onde participan alumnos, profesores e familias.







  


















































Saídas de estudos e culturais

Sempre consideramos que paralelo á aprendizaxe da aula debe existir unha aprendizaxe viva, real e práctica. Por iso programamos saídas de media xornada relacionadas cos temas que nese momento se están traballando na clase e cos feitos culturais que teñen lugar na localidade e no contorno máis inmediato.

Cando a finalidade principal é a convivencia e fomentar o achegamento entre os alumnos/as fóra do marco escolar, utilizamos as saídas de xornada completa.

.


]]>
Primariahttp://www.guillelmebrown.es/castellano/primaria PRIMARIA


- Disciplinas impartidas en inglés: Physical Education, Music, Art and Science.

- Horario ampliado de Inglés en todos os cursos.

- Iniciación á segunda lingua estranxeira: Francés.

- T.I.C. (Tecnoloxías da Información e do Coñecemento) obrigatorias no currículo escolar.

- A.P.D.I. (Aprendendo a Pensar Desenvolvendo a Intelixencia), programa supervisado e coordenado polo Departamento de Orientación do Centro e realizado en todos os cursos.

- Estudos dentro do horario escolar optativos e/ou obrigatorios.

- Programa de Animación á Lectura.

- Menú Cultural.

- Saídas de estudos pensadas e planificadas en relación cos contidos curriculares.

- Reforzos educativos.

- Asemblea semanal.

- Seguimento individualizado a través da acción titorial.

- Ampla oferta de actividades complementarias e extraescolares.

- Escolas deportivas.

- Escola de Música.

]]>
Secundariahttp://www.guillelmebrown.es/castellano/secundariaSECUNDARIA



- Horario ampliado de Matemáticas, Lingua e Inglés.

- Reforzos en áreas curriculares.

- T.I.C. (Tecnoloxías da Información e do Coñecemento) obrigatorias no  currículo escolar.

- Saídas de estudos pensadas e planificadas en relación cos contidos curriculares.

- Viaxe de fin de curso a un país europeo.

- Programa de Investigación Científica.

- Estudos optativos dentro e fóra do horario escolar.

- Asembleas nas que se abordan os contidos de carácter transversal e a resolución de conflitos.

- Seguimento individualizado a través da acción titorial.

- Intercambios e campamentos de verán en países de fala inglesa.

- Ampla oferta de actividades complementarias e extraescolares.

- Escolas deportivas.

- Escola de Música.



]]>
Servizoshttp://www.guillelmebrown.es/castellano/servizos
COMEDOR   AUTOBÚS

(Normas, líñas e horarios)
  GARDERÍA

(de 7:30 h. ás 8:45 h.)
   ORIENTACIÓN
   
OUTROS SERVIZOS

  • Campus virtual
  • Seguro escolar
  • Examenes do  TRINITY COLLEGE

]]>
Admisión e prazashttp://www.guillelmebrown.es/castellano/admision_e_prazas

INFORMACIÓN

   - Entrevistas e presentación de solicitudes: Ao longo de todo o curso.
   - Reserva de praza: Do 1 ao 30 de marzo.
   - Horario de oficina:

                  Mañás: De 08:30 a 14:00 horas.

                  Tardes: De 15:30 a 18:30 horas.

 

OFERTA CURSO 2011-2012

Ensinanzas:

   - Educación Infantil.
   - Educación Primaria.
   - Educación Secundaria Obrigatoria.

Servizos

   - Garda matinal de 7:30 a 9:00 horas.
   - Sesta, relaxación e lecer (Educación Infantil).
   - Merenda (Educación Infantil).
   - Comedor.
   - Biblioteca escolar.
   - Gabinete psicopedagóxico.
   - Campus Virtual.
   - Transporte.  


Actividades extraescolares

   - Playtime (Educación Infantil 3 e 4 anos).
   - Ballet.
   - Kung-fú.
   - Baile Moderno.
   - Teatro.
   - Xadrez.
   - Debuxo e Pintura.
   - Escolas Deportivas: fútbol, baloncesto, voleibol, atletismo.
   - Escola de Música: piano, violín, guitarra, percusión.

Para solicitar máis información:

administracion@guillelmebrown.es

secretaria@guillelmebrown.es

]]>
Extraescolareshttp://www.guillelmebrown.es/castellano/extraescolares      ]]>Noticiashttp://www.guillelmebrown.es/castellano/noticiasOURENSE INVESTIGA

Ciencia, alumnos e profesores saímos á rúa.

O domingo 21 e luns 22 de novembro de 2010 alumnos e profesores do Colexio Guillelme Brown celebran a Semana da Ciencia na Alameda do Concello de Ourense.

]]>
Localización e Instalaciónshttp://www.guillelmebrown.es/castellano/localizacion_e_instalacionsColexio Guillelme Brown

A Merteira, s/n (Castadón)
32710, Pereiro de Aguiar
OURENSE

Teléfono: 988-259589
Fax: 988-259678

Correos electrónicos:

administracion@guillelmebrown.es

secretaria@guillelmebrown.es










Vistas 360º






   O Colexio ocupa unha unha finca de 21.000  metros cadrados  con espazo de bosque autóctono, zonas axardinadas e varias edificacións: tres edificios de aulas, un patio cuberto,  canchas, piscinas e un pavillón polideportivo.
  
     
]]>
Escola Oficial de Músicahttp://www.guillelmebrown.es/castellano/escola_oficial_de_musica
ESCOLA OFICIAL DE MÚSICA GUILLELME BROWN

A Escola de Música Guillelme Brown facilita compatibilizar os estudos musicais coas materias curriculares dentro da xornada escolar.

Os alumnos/as poden iniciar os seus estudos na Escola de Música dende infantil 4 anos ata o remate da súa escolaridade no Colexio Guillelme Brown.

A escola ten como obxectivo complementar a formación cultural do alumno/a no eido musical, fomentar a práctica dun instrumento como aficioado e abrir as portas a aqueles nenos e nenas que desexen continuar os seus estudos no conservatorio.
 
A oferta de instrumentos nestes momentos na escola son piano, violín, guitarra e gaita.

Os máis cativos asisten ao Obradoiro de música en dúas sesións coa opción de iniciarse nun instrumento (trinta minutos semanais, exclúense os de vento).

Os alumnos/as de primaria e secundaria asisten a unha sesión de linguaxe musical e dúas sesións de trinta minutos de instrumento semanal.

Aqueles que rematan os 6 cursos de linguaxe musical entrégaselles un diploma dos seus estudos e teñen as opcións de continuar co seu instrumento nun programa libre ou preparar a proba de acceso o grao medio do conservatorio.
 






 

]]>
Intranethttp://www.guillelmebrown.es/castellano/intranetAgendahttp://www.guillelmebrown.es/castellano/agenda 11 de noviembre: Magosto AMPA (Lugar: Os Campos, O Pereiro de Aguiar)

12 de noviembre: Magosto alumnos/as no colexio.

]]>
Escolas Deportivashttp://www.guillelmebrown.es/castellano/escolas_deportivasDEPARTAMENTO DE DEPORTES

Coñecedores das grandes posibilidades a nivel educativo das actividades físico-deportivas, o colexio sempre dá unha especial importancia a este tipo de prácticas.

A metodoloxía a emplear na iniciación deportiva dos nosos alumnos/as ten tres pilares básicos: 

-
O primero é achegar a práctica deportiva ao alumno por medio dunha ampla oferta:  fútbol-sala, atletismo, voleibol, baloncesto, hockey e xadrez. É dicir centrámonos nunha primeira fase de iniciación polideportiva, coincidente coa educación primaria, na que o alumno participa de maneira activa na maior parte das actividades ofertadas polo centro xa que se encontra dentro do  seu horario, para despois centrarse nun ou dous deportes en posteriores etapas educativas.

-
O segundo pilar metodolóxico do centro basease no lema deporte para todos, todos os alumnos/as están convidados a participar en todos e cada un dos equipos do colexio independentemente das súas habilidades; este pensamento obríganos a centrarnos máis no camiño que percorren os nosos deportistas desde que se inician na actividade ata que rematan a súa escolaridade no centro, que nos obxectivos que logran a nivel competitivo. Non se desvota, nin desprecia a competición, é máis, cremos que ten un importante valor educativo, pero non a consideramos como o único obxectivo do deporte.

-
O terceiro e último dos pilares educativo-deportivos do colexio corresponderíase co pensamento de que a actividade física é saúde, pretendemos que o alumno/a coñeza todos os beneficios que a actividade deportiva lle pode provocar no seu desenvolvemento e crecemento, durante as primeiras etapas da súa vida e da súa saúde, unha vez que alcance a madurez física.

 

]]>
Escolas de Veránhttp://www.guillelmebrown.es/castellano/escolas_de_veranESCOLA DE VERÁN




Prazo de matrícula campamentos verán 2012:


- Prazo preferete para alumnos do colexio:

  
ata o 15 de maio de 2012.


- Prazo para resto de interesados: 

   a partir do 15 de maio de 2012.



Todos os veráns, dende o ano 1997, o colexio Guillelme Brown organiza actividades nas que se mestura a diversión coa aprendizaxe facendo do verán un intre de descanso activo e divertido nun entorno natural centradas na convivencia lúdica de nenos e nenas.


Visita as fotos do verán na Galería de Imaxes.


E vótalle un ollo ao noso XORNAL

Estas actividades agrúpanse en dous programas:
 

“ESCOLA DE VERÁN GUILLELME BROWN”
“BEECH-PARK SUMMER-LANGUAGE SCHOOL”



ESCOLAS DE VERÁN GUILLELME BROWN
 

  • Organizada en 3 quincenas: nos meses de xullo e agosto.
  • Idades: dende os 3 aos 15 anos.
  • Horario das 10,30 h. ás 19 h. de luns a venres.
  • Servizo de gardería temperá: consultar.
  • Réxime de media pensión.

 

Persoal da escola de verán: 

 

- Director de campamento: xunto cos coordinadores e monitores de tempo libre organizarán numerosas actividades lúdicas e formativas que farán un verán especial.

- Mestres: coordinadores.

- Monitores de creatividade, deportes, ocio, tempo libre: en todas as nosas actividades participan monitores e guías que dispoñen da titulación oficial, con responsabilidade suficiente para asegurar a animación e a seguridade dos nosos fillos/as.

- Socorrista.

- Persoal administrativo.

- Persoal de cociña.

- Persoal de transporte.

- Persoal de mantemento.


NORMAS E
RECOMENDACIÓNS



Transporte

 

- Débese estar na parada cinco minutos antes do horario indicado coa fin de axilizar o servizo de transporte.


- O servizo de transporte irá acompañado dun coidador/a.


- Se o pai ou nai se retrasa á hora de recoller ao seu fillo na parada e este non ten autorización para quedar só, debedes dirixirvos na maior brevidade posible a “Autos González” (Rúa Coruña, nº 13, Teléfonos.: 22 72 44 - 22 30 36 - 23 87 88), onde o voso fillo permanecerá ata a vosa chegada acompañado polo coidador de autobús.

-
Se un neno/a é recollido antes da hora deberán informar na secretaría.


RUTA E HORARIO AUTOBÚS. 
PARADAS SUBIDA-BAIXADA

- Rúa Coruña (Oficina Autos González) 9:50 - 19:40

- Praza do Couto (Rotonda) 10:00 - 19:30
- Fronte Estadio do Couto (Parada Bus Urbano) 10:05 - 19:25
- Estación de Tren (Parada Bus Urbano) 10:10 - 19:20
- Avda. Marín (Baixo ponte Avda. Santiago) 10:10-19:20
- Parque de San Lázaro (Parada Bus Urbano) 10:20 - 19:15
- Curros Enríquez (Pastelería Dina) 10:20 - 19:10
- Lagoas (tras Instituto “parada bus”) 10:25 - 19:05
- Casiña do “Tío Luis” 10:25 - 19:05

Se houbera algún cambio nas paradas, comunicaríasevos con tempo.Non esquezades a importancia de estar na parada 5 minutos antes da hora indicada.


Indumentaria


Recoméndase a utilización de roupa cómoda e de verán para as diferentes actividades.

 

  • Piscina: 

           - Dous traxes de baño.
           - Unha toalla.
           -
 Gorro de piscina. 
           - Chancletas de piscina.
          - Crema   de    protección    solar   (en beneficio dos vosos fillos/as é obrigatorio traer a primeira aplicación de crema solar da casa)
           - Gorra para o sol. 
           - Manguitos ou burbulla, se non saben nadar.


  • Patinaxe (opcional e a partir dos 4 anos): 
           - Casco.
           Proteccións para xeonllos e cóbados.
           - Patíns (en liña ou en paralelo).
           - Calcetíns altos e grosos.


  • Toda a roupa e outros obxectos persoais deberán estar marcados con nome e apelidos para facilitar a súa identificación.

     

     

  • Comedor


  • Menú elaborado en cociña propia (consultar dietas especiais).
  • Os nenos/as poden traer a merenda dentro dunha bolsa identificativa (gardarase na neveira) ou solicitar a oferta do centro.



Outras consideracións

  • Se algún neno/a necesita tomar algunha medicación indicarase por escrito.
  • Suxerimos que os rapaces/as non traian ao colexio xoguetes persoais; o colexio non se fai responsable da súa perda.


Seguros

 


  • O colexio conta con todos os seguros esixidos pola administración ademais dun seguro de accidentes. 

     

 

Servizos opcionais 

  

  • Autobús.
  • Merenda.
  • Gardería 1h/2 h.
  • Almorzo.
Se queredes facer a vosa reserva podedes poñervos en contacto coa administración do centro (A matrícula quedará formalizada unha vez efectuado o pago).


Formalización matrícula

 

  • Teléfono: 988-259589
  • Fax: 988-259678 (Axuntando ficha de inscrición e resgardo bancario).
  • Correo electrónico: administracion@guillelmebrown.es


 

BEECH-PARK SUMMER-LANGUAGE SCHOOL

  • Curso de inmersión en inglés impartido por profesores irlandeses.
  • Calendario: mes de xullo (con opción a quincenas).
  • Clases en grupos reducidos, distintos niveis, actividades e deportes integramente en inglés.
  • Proba de nivel (exame) con diploma oficial do Trinity collage (opcional).
  • Praza preferente: antigos alumnos da Beech-Park Summer-Language School (prazas limitadas).
  • Horario de 9:00 a 18:00 (media pensión).


Web curso inglés


Para calquera aclaración ou información complementaria telefonear ou achegarse a secretaría do colexio.


]]>
Iniciohttp://www.guillelmebrown.es/castellano/inicioVistas 360º

Acceso campus




Blogs















 













]]>
Consello de Alumnoshttp://www.guillelmebrown.es/castellano/consello_de_alumnos


O Consello de Alumnos do Colexio GUILLELME BROWN estará composto por nove membros distribuidos da seguinte forma:

- Un presidente/a.
- Catro delegados/as da ESO.
- Os dous delegados/as de 5º e 6º
- Un representante do 2º Ciclo de Primaria.(Un dos delegados/as)
- Un representante do 1º Ciclo de Primaria.(Un dos delegados/as)

ELECCIÓN DOS MEMBROS DO CONSELLO

- Os delegados/as de aula son por dereito membros do Consello , a excepción do 1º e 2º ciclos de Primaria, que só terán  un representante.
- Os alumnos de primaria e secundaria elixirán ao presidente/a do Consello de Alumnos/as.
- A dita elección poderá presentarse calquera alumno/a da ESO, pero teñen que ter alomenos un 50% de apoio no seu grupo, para elo realizarán unhas eleccións primarias.
- Levarase a cabo unha campaña electoral durante os 7 días anteriores a data fixada para a  votación.
- O calendario das eleccións será proposto polo profesorado do centro.
- O alumno/a con máis votos será nomeado/a presidente/a.
- No caso de que entre os os dous candidatos/as máis votados haxa unha diferencia de votos menor do 10 %, farase unha nova elección de desempate.
- O novo Presidente/a non poderá ser delelegado/a do seu curso, debendo renunciar para que a súa clase elixa un novo delegado/a.
- O cargo de presidente terá un vigor de dous anos académicos.

FUNCIÓNS DO/A PRESIDENTE/A

- Representar ao alumnado sempre que se requira por parte da dirección do Centro.
- Ser o máximo representante e coordinador do Consello de Alumnos.

FUNCIONAMENTO DO CONSELLO

O Consello reunirase con regularidade a fin de tratar temas que consideren de interese para un mellor funcionamento do Centro:

- Organización de actividades, actos culturais ou eventos deportivos.
- Prestación de servicios.
- Resolución de conflictos.
- Propostas ao profesorado ou dirección do colexio.

Os delegados/as levarán propostas ou cuestións feitas polos seus compañeiros de clase para ser tratados no Consello.

O/A secretario/a do Consello levantará acta tras cada reunión cos acordos tomados.

Os acordos tomados serán comunicados por cada delegado/a á súa clase, sendo ademais expostos nun taboeiro de anuncios propio e exclusivo do Consello.

Asemesmo, o presidente/a comunicará as decisións do Consello ao director do colexio ou representante do profesorado.


]]>
ANPAhttp://www.guillelmebrown.es/castellano/anpaContactohttp://www.guillelmebrown.es/castellano/contactoPresentaciónhttp://www.guillelmebrown.es/castellano/presentacion
Vistas 360º



  ]]>